Rematou a xornada do sábado que se dividiu en dúas partes. Unha primeira, a celebrada pola mañán, na que competían as categorías benxamín e alevín para repartirse 3 postos na fase final que se vai celebrar o domingo, e a celebrada pola tarde na que os máis pequeniños deste deporte, competian para levarse os diferentes premios na categoria Biberón.
Na fase previa benxamín, clasificáronse para a fase final a S.D. Xuventude Aguiño, o Porto do Son C.F. e o Carreira C.F. Nesta categoria repescouse ao Atl. Oleiros por mellor coeficiente dos equipos perdedores da eliminatoria, para cubrir a baixa da E.D Arousa no grupo G da fase final.
Na fase previa Alevín, os equipos clasificados para a fase final foron o Noia C.F. «B», a S.D. Xuventude Aguiño e a EFM Concello de Boiro «B».
Na fase final Biberón, disputada pola tarde este foi o cadro de honra:
Campeón: C.D. Unión
Subcampeón: E.D. Val Miñor
3º Clasificado: Ural C.F.
4º Clasificado: Batallador S.D.
En canto aos premios individuais, estes foron os seguintes:
Mellor xogador: Milán Villar, da E.D. Val Miñor.
Máximo goleador: Adrián Villar González, do Ural C.F.
Mellor porteiro: Carlos Carou, do C.D. Unión.
Mellor árbitro: Diego Garcia Agra.
Equipo máis deportivo: Batallador S.D.
